Hai uns días podíamos ler en diversos xornais, e con moita tristura pola miña parte, que España é dos países cuxa poboación ten menos competencias lingüísticas. Neste problema converxen diferentes factores: históricos, políticos, académicos, etc. Penso que xa é hora de sentir algo de vergoña e reaccionar. Como acostumo a dicir nas miñas clases, ao meu alumnado, aproveitemos o tempo e gran sorte que temos de poder aprender non só unha lingua senón catro. Cantas máis linguas se aprenden máis facilidade se ten de aprender outras, e de ser máis tolerantes, coñecer culturas diferentes, etc.
Se queredes ler o informe de Eurostat, só tedes que facer click aquí e nesta páxina localizades a noticia do 27.09.2009 e tedes acceso ao PDF con todos os dados
Se queredes ler o informe de Eurostat, só tedes que facer click aquí e nesta páxina localizades a noticia do 27.09.2009 e tedes acceso ao PDF con todos os dados
No comments:
Post a Comment